Concello de Muras | Volve a ITV AGRÍCOLA | Volve a ITV AGRÍCOLA

Como cada xullo visítanos a ITV Móbil Agrícola pensada para tractores, maquinaria agrícola autopropulsada, remolques e outros vehículos especiais. Que se revisa na inspección? A revisión é idéntica á dunha estación fixa: comprobación de bastidor e matrículas, freos e ausencia de fugas, dirección e maniobrabilidade, luces e reflectores, e o estado dos arcos de seguridade […]

Concello de Muras | Homenaxe aos represaliados en Muras no 1936 | Homenaxe aos represaliados en Muras no 1936

Este sábado 6 de xuño terá lugar na Praza da Galeguidade un acto de lembranza coa colocación dunha placa en recordo das oito vítimas asasinadas en Muras polo bando nacional ao inicio da Guerra Civil. Será ás 10.30 da mañá. OS 8 DE MURAS: Antonio Lafuente Jiménez; Jesús Bellas Cao; Manuel Gato Ramudo; Juan Pérez Dopico, […]

Concello de Muras | Xuntanza de mulleres coidadoras | Xuntanza de mulleres coidadoras

Este venres 5 de xuño ás 16.00 na Casa do Médico de Muras convidámosvos a este espazo para mulleres coidadores, ou que o foron, e que viven no rural. Unha tarde para coñecerse, falar, compartir, aprender e coidarse, que é moi importante. Organizado pola Consellería de Política Social, o Concello de Muras e Afalu. Vinde!

Concello de Muras | Abre o prazo para solicitar as axudas a estudantes | Abre o prazo para solicitar as axudas a estudantes

No BOP da Deputación de Lugo do 27 de maio de 2026 están as BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA de bolsas para ESTUDANTES de MURAS, curso 2025-2026. O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES será de 20 DÍAS NATURAIS contando dende o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica do Concello, publicación […]

Concello de Muras | Xa se poden pedir as axudas do Programa Morenas | Xa se poden pedir as axudas do Programa Morenas

Son achegas económicas directas para axudar a financiar a recría e preservación de razas galegas en risco de erosión xenética, que é a perda progresiva da diversidade e variabilidade de xenes. Contía das axudas? Varían segundo a especie do animal criado na explotación, 400 € por xata para as razas bovinas (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá […]

Concello de Muras | Programa X Romaxe Artesá da Chaira | Programa X Romaxe Artesá da Chaira

Xa podedes tomar nota que cae en sábado! O do 23 DE MAIO. Abaixo tedes o cartaz coa programación que, como vedes, ocupa todo o dúa dende as 11 da mañá ata ben entrada a noite. Sobre todo BOA ARTESANÍA para todos os gutos e apetencias, obradoiros para cativos e menos cativos, música, postos onde comer… […]

Concello de Muras | O bispo de Mondoñedo-Ferrol visita Muras | O bispo de Mondoñedo-Ferrol visita Muras

A Diócese Mondoñedo-Ferrol informa dunha visita a Muras, parte do arciprestado de Terra Chá. O bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, comezará a xornada o SÁBADO 2 DE MAIO ás 11.30 h. na Igrexa Parroquial do Burgo para presidir posteriormente, ás 12.00, unha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de San Pedro de Muras. Tras dun […]

Concello de Muras | Fai a Renda 2025 desde o concello | Fai a Renda 2025 desde o concello

Este ano o concello asinou un convenio con Facenda para ofrecer un servizo de videoasistencia que permita aos veciños facer a Declaración da Renda coa axuda de persoal da Axencia Tributaria e sen saír do concello . Para contribuíntes con: A atención deste funcionario da Axencia Tributaria require de CITA PREVIA que pódese pedir a […]

Concello de Muras | A carreira ciclista “O Gran Camiño” pasa por Muras | A carreira ciclista “O Gran Camiño” pasa por Muras

Unha grande lista de campións disputaron o triunfo na Volta a Galicia que percorrei o territorio galego desde o 1933 ata o 2000. Nomes históricos no mundo do ciclismo como Miguel Induráin, Marino Lejarreta, Abraham Olano, Marco Pantani, Laurent Jalabert ou Álvaro Pino formaron parte ou gañaron nalgunha das súas edicións. Con O Gran Camiño, […]

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais