A limpeza dos nosos ceos e as inmellorables condicións de visión que achegan fan que dende 2020 Muras sexa dos escasosspazos galegos que conta co selo da Fundación Starlight.
Dende o concello comezouse a traballar en conseguilo dende 2018, conscientes de gozar dun enclave que reúne excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía. Por iso, ademais de iniciar as xestións para a obtención do selo, comenzáronse a organizar coa Sociedade Galega de Historia Natural acampadas nocturnas e obradoiros de astrofotografía para todos os públicos, familias incluídas. Unha das mellores experiencias que se poden vivir na nosa natureza.
O sistema de certificación non só acredita estes lugares senón que representa un exemplo de protección e conservación duns escenarios que teñen na observación do firmamento parte do seu patrimonio natural e científico. Muras decidiuse a proveitar a astronomía como ferramenta para un turismo sostible, respectuoso coa contorna e baseado nos principios recolleitos na “Declaración sobre a Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito á Luz das Estrelas”, que facemos nosos.