Novos servizos públicos achegados polos carteiros rurais
Informamos á veciñanza de que pode aproveitar e facer xestións cotiás, financeiras e administrativas a través dos carteiros rurais de Correos. Entre eles Correos Cash e o pago de recibos e tributos. Servizos Financeiros e de Diñeiro Trámites e Xestións Administrativas Paquetería e Compras Pagos e Servizos do Día a Día Recarga de telefonía: recarga […]
Chega a Muras o mellor Festival de Microcine polos pobos
Unímonos á IV edición do Festival Microcine de Verano, unha estupenda iniciativa conxunta da plataforma Vente a Vivir a un Pueblo e Iberdrola que achegan ao noso concello unha noite diferente ao aire libre. Que poderemos ver o MÉRCORES 22 de xullo dende as 21:45 na Área Recreativa A Veiga? Curtametraxes do concurso de Cultura Inquieta: […]
Publicado listado beneficiarios da axuda a fertilizantes
CONTÍAS: Para o cálculo da axuda teñen en conta os cultivos declarados, na PAC 2025. (non teñen en conta as pradeiras). E para cobrala hai que ter un mínimo de 100 euros no cálculo. As persoas que aparecen neste LISTADO do Fondo Español de Garantía Agraria, teñen de prazo ata o 27/07/2026, para presentar a […]
Portas abertas do PAI e solicitude de prazas
Ata 15 de xullo de 2026 ESTÁ ABERTO o prazo de solicitude de admisión no Punto de Atención á Infancia de Muras para o curso 2026/2027. Pódese realizar a solicitude de maneira presencial no Concello, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00, ou ben de forma telemática no rexistro electrónico. ADXUNTAMOS documentación […]
Un CIM Móbil visita Muras
Os CIMs Móbiles son un furgonetas que funcionan como servizo itinerante con profesionais que achegan apoio psicolóxico, social e xurídico ás mulleres. Percorren Galicia en catro vehículos equipados para ofrecer información, asesoramento e acompañamento profesional. Onde operan? O servizo está aberto a calquera persoa que precise información con especial prioridade en: Mañá 2 de xullo […]
Manuel Requeijo pide “un traballo de campo sistemático” para clarificar a propiedade de parcelas no rural
O pasado 22 de xuño presentouse no Parador de Corias -no concello asturiano de Cangas de Narcea a uns 200 quilómetros de Muras-, un proxecto piloto do programa LEADER chamado “Clarificación da propiedade: unha herdanza para as futuras xeracións”. Con varias mesas redondas no programa, o alcalde murense foi un dos convidados. Esta iniciativa busca […]
Aberto o prazo para pedir as axudas “O que non arde”
Publicadas no BOP nº138 da Deputación de Lugo (18 de xuño) queren fomentar boas prácticas de silvopastoreo e gandería extensiva de cabrún, ovino, porcino e equino; e ao tempo axudar coa redución de biomasa e a prevención de incendios. Esta sétima edición da convocatoria conta cun orzamento de 400.000 euros. Son cartos para gastos de: […]
Chegan as calores e estamos de volta cos campamentos organizados para rapazada e adolescentes dende os 3 ata os 16 anos. Como vedes no cartaz hai 4 QUENDAS que cubren dende o 29 DE XUÑO ata o 4 DE SETEMBRO en horario de 10:00 a 14:00. O único requisito é, ademais de anotarse, levar roupa e […]
Chegan as nosas Festas Patronais a San Pedro e a Virxe do Cobre!
TAN ESPERADAS! Comezan a partir das 21:00 do VENRES 26 cunha GRAN PAELLADA GRATIS e despois, NOITE de festa e #verbena con Orquesta Alianza. O SÁBADO 27 tras da misa das 13.00 e a procesión, toca sesión vermú coa Orquestra Suavecito. E á noite chega a gran verbena dende as 22.30 de novo con Orquestra Suavecito seguida de LOS SATÉLITES!! Finalmente o DOMINGO […]