A nosa Feira do Poldro e do Gando do Monte


Achégate no cuarto domingo de setembro

A feira en datos

O que tes que saber
Un ambiente único

O movemento de animais e gandeiros xunto coa música, os postos de artesanía e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica e moi nosa, pero que nos gusta compartir

Á mesa

Tamén organizamos Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo

En Muras vivimos ao redor dos nosos cabalos todo o ano, pero ésta é unha data especial: en 2023 esta feira fixo 35 anos  reuníndo veciños e gandeiros de toda a comarca baixo as altas árbores do Monte da Gañidoira, a 700 metros sobre o mar. Carreiras de cabalos, artesanía, concursos de gando, música e bo xantar…

En marzo de 2019 recibiu o recoñecemento da Xunta como Festa de Interese Turístico Galego.

O día DÁ PARA TODO: para xantar, negociar e ver ou participando das carreiras duns cabalos que medran prácticamente en liberdade nas serras. Boa parte deles exemplares de Pura Raza Galega, herdanza dos castrexos, pobos indoeuropeos que habitaron estas terras e que, probablemente, introduciran exemplares de poni de cabeza pequena e ancho lombo. Son animais tan recios coma mansos, que gozan dunha privilexiada vida. A nosa provincia, Lugo, é a que suma un maior número de gandeiros e gandeiras que se dedican a crialos.

Nos curros da Gañidoira tamén negóciase a venda de vacún e de cabras autóctonas, non só de poldros. O movemento de animais e gandeiros, os postos de artesanía, os concursos de tala de troncos, de adestramento de cans, a música e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica, moi nosa, e que estamos encatados de compartir.

Ademais, tamén é unha DATA GASTRONÓMICA das que ter na axenda, porque organizamos as Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo, pero por descubrir para moitos. Hai onde escoller: dende as curadas como lombos, salchichós, chourizos e cecinas, ata receitas quentes e contundentes sobre o plato ou en hamburguesas.

Na axenda tamén adoita haber rutas dacabalo para cativada, exhibicións de poda en altura ou talla en madeira, e miles de euros en galardóns para gandeiros e xinetes. A organización faina o Concello de Muras coa colaboración de Puraga e diversas entidades e asociacións como a Xunta, a Deputación de Lugo ou Atila Cabaleiros Muras.

Non che perdas a vindeira Feira do Poldro e do Gando do Monte! Esperámoste!

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais