Concello de Muras | Visítanos o afiador Rodesindo | Visítanos o afiador Rodesindo

Da man de Volta e Dalle Teatro chega canda nós Rodesindo da Barrosa, un afiador que en pleno século XXI percorre os camiños galegos e do mundo acompañado da súa roda e axudado polo seu chifre de buxo. Rodesindo arranxa todo tipo de aparellos, pero tamén ten un apartado de I+ D no que deseña […]

Muras - teatro
Concello de Muras | Programa do Imserso de termalismo social | Programa do Imserso de termalismo social

Pasamos información sobre esta interesante oferta para as persoas maiores de 65 anos. Hai dúas quendas, unha de febreiro ata agosto de 2017 pero cuxo prazo de inscripción remata o 13 de xaneiro. A segunda quenda é de setembro a decembro e o prazo de inscripción remata o 12 de maio. Toda a información, a […]

Muras - termalismo
Concello de Muras | Axudas a estudantes | Axudas a estudantes

Adxuntamos en PDF as bases de axudas do Concello de Muras para: a) Compra de libros e material didáctico complementario para alumnos/as de educación infantil, primaria e secundaria; b) Desprazamento aos/ás alumnos/as que cursen estudos de bacharelato e formación profesional fora do termo municipal do Concello de Muras; e c) Compra de libros e material […]

axudas - ensino - Muras
Concello de Muras | MURAS EMPRENDE | MURAS EMPRENDE

Se tes entre 16 e 35 anos aproveita este curso organizado polo Concello do 28 de novembro ao 31 de decembro. 180 horas que inclúen agricultura ecolóxica?, venda electrónica e comercialización? e apicultura e fruticultura ecolóxicas?. Hai dez prazas. Chamade ao 982 500001?. cartaz-formacion  

agricultura - empredemento - formación - Muras
Concello de Muras | CHEGA A II EDICIÓN DA FEIRA DO MEL DE MONTAÑA | CHEGA A II EDICIÓN DA FEIRA DO MEL DE MONTAÑA

Os días 19 (á tarde) e 20 de novembro, na praza do Viveiró, temos esta importante cita , contamos con tod@s para apoiar a produción do noso mel. Este ano colabora a casa do Mel de Goente. Adxuntamos o programa para que vexades o que hai: música, degustacións, showcooking, obradoiros…. Vémonos!

gastronomía - mel - Muras
Concello de Muras | Obradoiro micolóxico | Obradoiro micolóxico

Chega o tempo delas e non podía faltar: organizamos para o domingo 6 de novembro no local social de 10h a 19h un Obradoiro Micolóxico. Para apuntarse: dende o 2 de novembro ata o 4 nas oficinas do Concello ou chamando ao 982 500001. Na saída xantaremos -se o tempo o permite- de xeito campestre. […]

micoloxía - Muras - setas
Concello de Muras | PEIM 2016, mellora dos camiños | PEIM 2016, mellora dos camiños

Informamos da Resolución de 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco do programa de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemeno Rural (Feader), ao abeiro de PDR de Galicia 2014-2020. O concello de Muras recibirá 46.371,07 euros para estas tarefas.

camiños - Feader - Muras
Concello de Muras | Volve o Mo-vémonos! | Volve o Mo-vémonos!

O Programa da Deputación de Lugo achega un monitor para animármonos a facer actividade física moderada, divertida e non competitiva. Será todos os luns de 17.00 a 18.30 na Escola de A Balsa e de 18.45 a 20.15 na de Silán. Levade roupa cómoda!

deporte - Muras - ocio - saúde
Concello de Muras | MÁIS DÍAS PARA SOLICITAR A AXUDA DA LUZ | MÁIS DÍAS PARA SOLICITAR A AXUDA DA LUZ

O Concello de Muras decidiu hoxe 10 de outubro amplíar o prazo para solicitar a Axuda por Gasto de Luz no fogar ata o día 28 deste mes de outubro: ampliacion-prazo-ordenanza-luz-2016

axudas - luz - Muras
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais