Caza e pesca

Captura de pantalla 2016-04-13 a la(s) 10.17.24As persoas afeccionadas á caza, tanto maior (xabaril, muflón e corzo) como menor (faisán e perdiz) -e tamén para quen goste de seguir rastros cinexéticos ou facer fotografía- teñen no noso concello un pequeno paraíso. Muras é sé de probas como o Máster CCB e contamos con sociedades de cazadores que xestionan diversos tecores.

En canto á pesca, pasan polo noso concello tres ríos: Landro, Eume e Sor. O noso coto, de case dez quilómetros, vai dende a A Ponte de Saamil ata A Ponte de Casateita. É unha auténtica xoia para os troiteiros, pero tamén se poden atopar anguías, salmóns e reos.

Natación

Na “Área recreativa de A Veiga” está a nosa Piscina Municipal, unha instalación ao aire libre aberta os meses de xullo e agosto e na que, sen custo algún para os vecinos e veciñas, organízanse clases de natación, ademais de ser lugar de esparexemento nos días más cálidos do ano. Ademais contamos cunha piscina recén estreada con vaso para adultos e vaso tamén para as para crianzas.

Área recreativa A Veiga

Á beira do río Eume nada como tirar proveito deste espazo aberto con fraga de ribeira para organizar comidas campestres, pasear e relaxarse. Tamén celebramos as festas patronais.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais