Teatro para todos na Veiga

Concello de Muras | Teatro para todos na Veiga |

Temos dúas sesións programadas esta fin de semana. O sábado 19 preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros. Ás 19:00, chega Rilla Rilla de Xarope Tulú, un concurso sobre a lingua onde apañan as palabras coma se fosen berberechos. A peza está dirixida e interpretada por Atenea García, fundadora desta compañía comprometida coas linguaxes escénicas, a infancia e mocidade.

E o día seguinte, domingo 20 de agosto ás 17:00 tamén na Veiga, Saabor! Culturactiva S. Coop. Galega presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei nunha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González. Un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais