A nosa historia

1. Temos media ducia de xacementos do final do PALEOLÍTICO Superior, cando Galicia foi área de expansión do pobo auriñaciense (18.000 a 9.000 a. C). Exemplos diso son o Abrigo de Vidal, na Fraga do Inferno, ou o de Chan de Cruz, na serra do Xistral.

2. Da cultura MESOLÍTICA conservamos unha mámoa e dúas medoñas nas Louseiras e no Burgo. Temos tamén referencias sobre esta época polos topónimos, como Chao de Medelas ou Chao de Modia.

3. O historiador romano Plinio o Vello (23–79 d.C.) situou nesta zona os Egobarros Namarinos (ou Egovarri Namarini) tribo galaica, pertencente ao convento lucense vinculada á cultura castrexa da zona. Outras referencias  son a toponimia e os castros, como A Picheira, Paredes e Corrusco no Xisto, Castro de Xelgaiz e Castro do Coto.

4. Na ALTA IDADE MEDIA  tiveron aquí a casa familias descendentes de Mateo Fernández de Muras, compañeiro de armas de Don Ramiro I, o Asturiano (842-850). Na BAIXA IDADE MEDIA, en 1391, o bispo de Mondoñedo arrendou a Juan Freire de Andrade a casa Torre de Muras, con terras e serventes. O escudo hoxe situado nunha edificación contigua, ten as armas dos Castro e Andrade,.

6. No SÉCULO XIX vivimos certa prosperidade industrial ao asentarse durante décadas unha fábrica de fundición de ferro, outra de vidros e botellas e a hidroeléctrica “Electra-Muresa”.

5. En 1908 chegou ata a vila ou primeiro automóbil-correo e houbo un rexurdir cultural co nacemento, en 1914, do xornal El Eco Murense e, en 1915, do Progreso Murés.

6. Nos séculos XIX e XX moitos veciños marcharon cara a Cuba e froito desa emigración naceu “La Unión Murense de la Habana” en 1924, orixe dunha celebración que chega ata os nosos días: a da “Virxe do Cobre”, a patroa da illa caribeña. En 1954 esta asociación mercou unha imaxe que fixo a viaxe ata a nosa vila e, dende entón, en xuño celebramos as Festas de San Pedro e da Virxe do Cobre.

O historiador romano Plinio o Vello situou nesta zona aos Egobarros Namarinos, parte dos pobos celtas e preceltas que estaban na división romana dos lucenses

045_2015_MURAS

Que podes ver

MÁMOAS E CASTROS

Entre as sepulturas megalíticas mantemos unha mámoa e dúas medoñas (túmulos funerarios formados por pedras) nas Louseiras e no Burgo. Tamén hai restos de castros en Xelgaiz, Castrillón, Coto, Picheira, Paredes, Carrusco, Castro Sol e Leiras da Medoña.

ARQUITECTURA CIVIL

Á Casa Forte de Muras hoxe coñéceselle como Fraga do Castelo: segundo algúns historiadores pertenceu aos condes de Lemos. Algúns dos seus restos atópanse na casa reitoral da parroquia e nos muros de casas particulares. Na freguesía de Silán consérvase un corpo da casa da Torre, datada no século XV.

IGREXAS

SANTA MARÍA DA BALSA (imaxe superior), s. XII e XIII. Conserva elementos góticos e engadidos renacentistas.

SANTA MARÍA DE VIVEIRÓ. Destaca o seupórtico e, no seu interior, tres retablos. Alberga unha talla de tradición románica.

IGREXA DE SAN PEDRO. Construída a finais do s. XVII quizias sonre un templo anterior do s. XII. No interior a inscrición dun dos muros qai referencia á súa data de reconstrución en 1678, así como o retablo maior do século XVIII, e outros dous retablos do s. XVII e s. XVIII, con esculturas de diferente época. Alberga unha cruz de prata de comezos do século XVI

IGREXA DE SILÁN. Fermoso exemplo dunha soa nave rectangular con pórticos e campanario de 1859. O retablo principal é neoclásico con elementos rococó. Posúe unha cruz de prata de 1697.

CAPELA DE SAN TIRSO (Silán). Capela de planta rectangular sen ábsida no dintel hai a seguinte inscrición: “ESTA OBRA SE REDIFICO SENDO CURA DN. BPM DE SOTO ANO 1791”

SANTA MARÍA, O BURGO. A parroquia existía no ano 1434. Pertenceu ao arciprestado de Entrambasaguas. Parte do edificio data do século XVIII.

Pequenas capelas. Consérvanse en boas condicións e son utilizadas unha vez ao mes. Algunhas das máis bonitas e con historia de séculos son as de Casateita, As Cuiñas e a Igrexa-Ermida de San Antonio da Xestosa, na imaxe inferior, onde celebramos tres días de Romería no mes de xuño.

Nas nosas parroquias hai igrexas dende o século XII ata o XVIII. Son unha escolma de elementos da arte románica, gótica, renacentista e barroca

013_2015_MURAS

O entorno

Estamos rodeados de ríos e montes. Gozamos de dous espazos naturais protexidos: a fermosísima Serra do Xistral no extremo oriental, e as ribeiras do río Sor no sector occidental. O río Eume coincide coa nosa fronteira sur.

SERRA DO XISTRAL

Ninguén que percorra os nosos verdes cumios batidos polo vento, queda indiferente. Á implacable paisaxe do Xistral únese a visión de cabalos salvaxes en liberdade da raza de cabalo galego e hispano-bretoa. Nas terras montañosas do Guriscado e a Curruxeira que levan ata Viveiró, a paisaxe vólvese cada vez máis frondosa, con carbalos, castiñeiros e bidueiros. Entre a nosa fauna hai aves rapaces como o aguilucho cenizo e o ratoneiro; e mamíferos como o lobo, o xabaril, o raposo e o corzo. Dende o porto A Gañidoira (737 m), as vistas do macizo amosan os montes da Xestosa, Guriscado, O Chao, Curuxeira, Lebureiro, O Cadramón e Pena do Seixo.

A TERRA DOS TRES RÍOS

Temos un dos mellores ecosistemas fluviais de Europa, rodéannos tres ríos e arroios cheos de troitas: Landro, Eume e Sor. Ao seu redor ducias de recunchos e camiños coñecidos e por descubrir.

Río Eume. Discorre 49 quilómetros salvaxe e libre en moitos tramos. Nas súas augas viven reos, troitas, anguías e algúns exemplares de salmón atlántico. Nas beiras habita o martín pescador, a garza real, o gavilán, o azor e o falcón abelleiro. E non é raro atopar nutrias. O bosque de ribeira orixinal, nas zonas máis inaccesibles, está cheo de carballos e salgueiros.

Río Sor. Está considerado o un dos ríos máis belos de Galicia: abondan carreiros, zonas de pesca, rápidos e cascadas, treitos ben conservados, pequenas fragas e bosques de ribeira nun trazado montañoso. Nace en Muras e atópase co mar en O Barqueiro tras case 50 quilómetros. Fai de fronteira entre as provincias da Coruña e Lugo .

Río Landro. Dos tres ríos é quizais o máis alleo a visitas. Moi caudaloso nace na vertente occidentaldo Xistral e, ao longo de 31 quilómetros, vai recollendo as augas de 16 afluentes. É un dos escasísimos ríos de Galicia onde pescar salmón atlántico, ademais de especies máis habituais como reo e troita. A fauna que vive arredor inclúe aves rapaces, ras, tritóns, víboras nutrias, martas e centos de paxaros.

 

Os nosos 700 veciños viven nunha extensión de 163 km2 repartidos en 8 parroquias: Ambosores, Balsa, Burgo, Irixoa, Muras, Silán, Sixto e Viveiró. Formamos parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, e a paisaxe é un dos nosos maiores patrimonios

129_2015_MURAS

Xantar e durmir

Bar-Restaurante Santi. No centro da vila, un espazo moi persoal con decoración enxebre, elementos da terra e boa mesa do país. Aceptan cheque gourmet e preparan comida para levar. Tfnos: 982 500 026 + 607 982 168

Café Bar A Volta. Está na entrada do pobo e teñen variedade de pratos e produtos da nosa cociña para escoller. Tfno: 982 500 090

Casa Vituco & Picapan (Viveiró). Unha das novas incorporacións. Exquisita cocina tradicional, caseira e de tempada, non decepciona. Tfno: 982 168 450

Casa Cándida (Viveiró). Mito da gastronomía popular galega. Casa de xantar rexentada dende hai case 50 anos coñecida pola cantidade, calidade e prezo. Nas fins de semanas aconséllase chamar para reservar. Tfno: 982 188 168.

ÁREA DE AUTOCARAVANAS

Inagurada en abril de 2018 este espazo ? ? ubicado na zona da antiga escola do Viveiró coa colaboración da Asociación Galega de Autocaravanas ten xardín, merendeiro e aseos públicos.

  1. Aberta 365 dias
  2. Auga Potable
  3. Augas Grises
  4. Augas Negras
  5. Mascotas
  6. Pernocta
  7. Rest/Cafetería
  8. Zona de Picnic

 

Captura de pantalla 2016-01-28 a la(s) 18.09.31

As festas

Aínda que CALQUERA MOMENTO é bo para coñecer Muras, estas son citas, por orde cronolóxica, a ter en conta:

Romaxe Artesá da Chaira (imaxe superior). A finais de maio. Demostracións de artesáns, obradoiros, música, xogos e boa comida.

Festa de San Antón. En A Xestosa na segunda semana de xuño.

Festas de San Pedro e Virxe do Cobre. A segunda ten raíces cubanas. A finais de xuño o concello organiza en domingo unha comida para vecinos e veciñas.

Festa dos cazadores. Cita gastronómica ofrecida polos cazadores a comezos de xullo. Ma mesa abundan faisán, corzo e xabaril.

Festa “Amigos dos cabalos-Atila”. Esta asociación organiza rutas a cabalo todo o ano, pero a máis importante celébrase no segundo sábado de agosto.

Feira do Poldro e do Gando Bravo. Na última fin de semana de setembro concello e comarca viven ao redor do gando cabalar nunha cita no Monte da Gañidoira. Paralelamente celébranse as Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, unha escolma de tapas dos nosos hostaleiros.

Festas do Rosario. En Casateita celébrase o 7 de outubro; e na Balsa tamén a comezos de mes.

San Estevo e Virxe de Fátima. En Silán a fin de semana antes da festividade do Pilar do 12 de outubro.

Feira do Mel de Montaña (imaxe inferior). Cada novembro dende 2015.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais