Os d’Abaixo nacen en 2010 para animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. Pezas tradicionais, arranxos modernos e músicas de nova composición con historias e lendas, evocacións da nosa natureza en melodías que se entrelazan como enredadeiras.
Estarán este sábado 9 en Muras para presentar “Somos a pedra”, un traballo onde a liña tradicional mestúrase con aires novos e composicións propias. Un grupo sensacional que enriquece a música de raíz e transpórtanos no tempo a todos os recunchos de Galicia e da nosa fermosa música. A súa calidade, orixinalidade e espírito festivo son a carta de presentación desta banda imprescindible no folk galego actual.
Vinde a velos!!