Ponte a proba
A comezos de novembro organízase unha cita deportiva nova -comezou en 2017- pero que xa reúne a máis de 300 atletas de toda España que a valoran pola beleza da paisaxe, polo bo ambiente e o espírito de competitividade dunha maratón que, no punto máis alto, acada os 1002 metros. Aquí tedes o link á web e un vídeo coa edición de 2022
Os atletas de longa distancia pasan por espazos como A Gañidoira, Serra do Xistral e Río Eume nun trazado espectacular.
No Trail das Bestas de Muras hai categorías masculinas e femininas, son as seguintes para cada xénero:
E estas son as distancias das diferentes competicións.
Axudando coa organización, o Concello de Muras conta coa experiencia probada da empresa de actividades na natureza Marmar Outdoor, a firma de xestión de eventos deportivos Trackterace e tamén co apoio da Deputación de Lugo. Iso sin mencionar ás ducias de voluntarios e voluntarias cuxa axuda é inestimable no reparto de subministros aos competidores e competidoras e na loxística xeral. A organización ofrece fruta, barritas de cereais, xeles enerxéticos, agua e bebidas isotónicas.
Se es amante do running non o dubides e anota na túa axenda oco para a vindeira !!