A Biblioteca Pública Municipal está no edificio do Concello, conta cuns 800 exemplares. Na Sala de Lectura pódese consultar a prensa diaria, levar material a casa (libros, vídeos…) tanto para nenos/as como para adultos ou navegar por Internet nos tres ordenadores.

CASA DO MÉDICO. Ubicada no corazón de Muras o concello transformou este edificio de 1927 nun centro de usos múltiples que é aproveitado para conferencias, obras de teatro e festas da veciñanza.
LOCAL SOCIAL. Xurdiu tras acondicionar unha antiga cooperativa e súmase aos catro centros sociais repartidos en edificios de antigas escolas unitarias nas parroquias de Irixoa, A Balsa, Viveiró e Silán. Todos espazos tamén utilizados para actividades dos veciños e veciñas. Danse todo tipo de obradoiros e tamén dispón dun pequeno ximnasio.
ANTIGA ESCOLA DO VIVEIRÓ. Rehabilitada recentemente ao carón hai unha área de autocaravanas con servizos de auga e baños públicos, ademais de espazos para xantar.

A siglas corresponden á Oficina Municipal de Información Xuvenil, que organiza actividades dirixidas a mozos e mozas: xogos, rutas, obras de teatro, festivais de Entroido e Nadal… A OMIX tamén xestiona o Carné Xove.

O Punto de Atención a Infancia é un centro educativo dirixido a nenos/as de 0 a 3 anos que ten como obxetivo dar resposta ás necesidades sociais e educativas do/a neno/a e da súa familia. Dende os servizos sociais do concello tramítase a inclusión neste servizo.
O HORARIO de atención do PAI é de 8:00 a 16:00 de luns a venres. Conta con 20 prazas. Agosto é o mes de descanso anual para vacacións do persoal e limpeza xeral do centro.
Ten perfil en Facebook e Instagram.
O concello subvenciona as seguintes actividades extraescolares: inglés e máis informática.
Programa de Axuda a Domicilio. Inclúe atención e apoio persoal, doméstico, psicolóxico, social, educativo e rehabilitador. Atende a persoas anciás, a persoas con alguna discapacidade e a familias con dificultades de autonomía.
Programa de Inserción Social. Ofrécese a través da Traballadora Social do Concello de Muras. Aténdese a persoas en situación de vulnerabilidade social a través da valoración, información e tramitación de axudas.
Xantar no fogar. É un servizo que o concello pon a disposición dos veciños e veciñas, para a dispensa de comidas a domicilio a persoas dependentes que o precisen.
Lei de Dependencia. A través da traballadora social darase asesoramento as persoas dependentes e os seus familiares sobre os recursos existentes na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia. Informar e asesorar en recursos e servizos á dependencia.
Orientación laboral e formativa. Traballamos a empregabilidade de veciños e veciñas e prestamos asesoramento na oferta formativa galega, así como na elaboración do currículum, preparación de entrevistas de traballo e na procura del. Colaboramos co equipo comarcal de Inclusión Sociolaboral de Begonte, derivando ás persoas que precisan atención personalizada en materia de emprego.