O pasado 25 de marzo recibimos a visita do Xerente do Catastro, da Responsable da Contribución Rústica do Catastro, do Responsable de Informática e ada Responsable de Urbana. Basicamente, da Dirección Xeral do Catastro.
O motivo: fomos elixidos como único concello galego para facer a revisión catastral “A FINCA. O Catastro contra o reto demográfico”. Este proxecto piloto traballará nunha mellora catastral complicada, necesaria en Muras, e na que levamos traballando cinco anos. O papel dos concellos é crucial neste proceso.
Tras a fin do proxecto os titulares dos inmobles terán datos depurados e actualizados co axuste parcelario ben feito. As tramitacións e inscricións sempre serán de balde e ao final o titular poderá descargarse certificacións sobre os seus inmobles.
Traballaranse nestes puntos:
– Coordinación das administracións para evitar papeleo.
– Publicidade do proxecto e do seu procedemento co cidadán e as administracións.
– Identificación no territorio dos inmobles inscritos: coordinación masiva.
– Identificación do dominio público.
– Axuste do parcelario.
– Actualización das direccións postas, inscrcións correctas no Rexistro.
– Depuración das titularidades en investigación, en secuenciais ou falecidos.
– Identificación de terras en desuso e marxinais.
– Atención ao público dende o comezo do procedemento.
– Resolución de todos os expedientes, alegacións e recursos que se presenten durante o proxecto.