Axudas para instalar renovables

Concello de Muras | Axudas para instalar renovables |

Tedes no Diario Oficial de Galicia do xoves 21 de marzo, a Resolución do Instituto Enerxético de Galicia pola que se convocan axudas do Programa de Incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables no sector industrial, agropecuario, servizos e outros sectores de economía, incluíndo o sector comercial.

Beneficiarios:

a) Persoas físicas que deberán estar dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

b) Persoas xurídicas.

c) Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

d) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.

Actuacións Subvencionables:

a) Biomasa

b) Xeotermia e Hidrotermia.

c) Aerotermia

d) Solar Térmica

Contía:

Pode acadar ata o 50% do custo subvencionable da actuación.

Prazo de Solicitudes:

Comeza ás 09:00 horas do 20 de Abril de 2022 e rematará o 2 de Xaneiro de 2024. As solicitudes serán resoltas por orde de entrada e ata esgotar o crédito.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais