MR708A – Proxectos de investimento en actividades non agrícolas.
Persoas e entidades beneficiarias:
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2021. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data.
Proxectos subvencionables:
a) Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
8º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
9º) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
b) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas modelo O INCIO, A POBRA DE BROLLÓN, FOLGOSO DO COUREL, QUIROGA, SOBER.
Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000 € e/ou superior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente.
Investimentos subvencionables
1. Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
2. Ademais, e só para os proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais nas aldeas modelo, serán subvencionables os seguintes gastos:
a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables.
A intensidade da axuda será do 45 % dos gastos subvencionables. PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES: 26/01/2022 – 25/02/2022
PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES: 26/01/2022 – 25/02/2022
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Teléfono: 981 54 73 82 Fax: 981 54 73 81