Axudas a conciliar, igualdade e responsabilidade social

Concello de Muras | Axudas a conciliar, igualdade e responsabilidade social |

Hoxe, a Xunta publicou as Axudas Económicas destinadas a Empresas Privadas para implantar a Igualdade Laboral, a Conciliación e a Responsabilidade Social Empresarial. O Prazo de Presentación de Solicitudes Rematará o Vindeiro 7 de Marzo e se tedes calquera dúbida podes acudir ao Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Muras (Alberto):


Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C). as empresas deberán contar como mínimo con 10 persoas traballadoras e cun máximo de 49
Contías das axudas:a) Ata o 80 % dos custos que leve consigo o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.
b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.
c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
d) Unha contía de 12.000 € pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade.

Liña II: conciliación (TR357D) que, á súa vez, comprende tres subliñas:( Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo de 1 persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras)
Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
Contía dos incentivos: As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.
Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
Contía dos incentivos:  As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante. O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina
Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
Será subvencionable a adquisición de elementos tecnolóxicos seguintes: computador persoal, medios materiais para o acceso á internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas para desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar.Contía das axudas:
1. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por
empresa.
2. A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa cando menos igual á masculina.


Liña III: certificacións de RSE (TR357B). as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.
Contía da axuda:  Será o pagamento do 80 % dos custos que leve consigo o proceso da certificación ou verificación cun máximo de 2.000 € por empresa

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais