Axudas a actividades non agrícolas

Concello de Muras | Axudas a actividades non agrícolas |

MR708A – Proxectos de  investimento en actividades non agrícolas

Persoas e entidades beneficiarias: 

a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e  constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.  

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con  anterioridade ao 1 de setembro de 2021. 

c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade  familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que  desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. No caso de persoas físicas, deberán estar  suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade  ao 1 de setembro de 2021. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da  citada data. 

Proxectos subvencionables: 

a) Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar,  ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas  non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade

1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.  

2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do  proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea  incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o  anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible  superior a 60.000 €. 

3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos  de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos. 

) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola…). 

) Actividades de ocio, recreativas e deportivas

6º) Artesanía e actividades artesanais. 

7º) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico

) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e  veterinaria. 

9º) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

b) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas  modelo O INCIO, A POBRA DE  BROLLÓN, FOLGOSO DO COUREL, QUIROGA, SOBER

Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000  € e/ou superior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan  establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente. 

Investimentos subvencionables 

1. Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria  e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que  sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da  empresa. 

2. Ademais, e só para os proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais  nas aldeas modelo, serán subvencionables os seguintes gastos: 

a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos  obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non  poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables. 

A intensidade da axuda será do 45 % dos gastos subvencionables. PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES: 26/01/2022 – 25/02/2022  

PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES: 26/01/2022 – 25/02/2022 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Teléfono:  981 54 73 82 Fax: 981 54 73 81

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais