O rexedor Manuel Requeijo e o tenente de alcalde, Mario Rouco, mantiveron unha xuntanza onte 27 de abril,pola tarde coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, tras a solicitude feita dende o Concello de Muras. Nela trasladáronlle as principais necesidades que ten este concello neste ámbito. “Falamos de problemas vencellados coa Rede Natura, a vespa velutina, a couza guatemalteca e os danos do lobo, e solicitamos axudas e colaboración para a organización das vindeiras edicións da Feira do Poldro e a Feira do Mel” indica Requeijo, que afirma que a conselleira amósase aberta a colaborar.