Adxuntamos ao final deste texto dous PDF con toda a información sobre o PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO???. Coma sempre, distintas opcións para gozar das vacacións entre outubro de 2017 e xuño de 2018:
- Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia.
- Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
- Turismo de Interior, con estas actividades: Circuitos Culturais??, Turismo de Natureza?, Viaxes a Capitais de Provincia? e Viaxes ás cidades de Ceuta e Melilla.
Servizos incluídos:
- Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados. Contémplase o aloxamento en habitación individual con suplemento.
- Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación.
- Póliza colectiva de seguros.
Prazo de presentación: ata o 7 de xuño de 2017.
Concluída esta primeira fase, o prazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.
IMSERSOfolleto e Turismo Social Imserso