Recollida de xoguetes e alimentos

Concello de Muras | Recollida de xoguetes e alimentos |

Dende hoxe a ata o 5 de xaneiro na Farmacia de Muras haberá dúas caixas: unha para xoguetes (novos, usados e libros) e outra para alimentos non perecedoiros, que serán donados a familias en situacións complicadas. O concello organizará despois os envíos para a entidade coa que colaboramos:  Asociación Dignidad, que ten sedes en Ferrol e Viveiro onde atende a colectivos en risco de exclusión social; mulleres, familias, infancia e maiores.

Dende o concello de Muras e coa colaboración da Anpa do CEIP Antía Cal, decidimos que entre todos podíamos achegar algo, xa que a asociación atende a máis de 300 familias con necesidades: toda axuda é necesaria.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais