Farase o vindeiro 4 de XUÑO á mañá, de 9:00 a 12:30 no Salón de Plenos do Concello.
Trátase do LEVANTAMENTO de actas previas á ocupación e dunha FORMALIZACIÓN de actas de ocupación, dos bens e dereitos AFECTADOS polo proxecto de TRAZADO “Mellora da capacidade e seguridade da LU- 540 Viveiro – Cabreiros”. ( * Nesta obra engadirase un ramal de entrada dende a LU-540 a Ourol en sentido Cabreiros-Viveiro, e incluiranse na Gañidoira peche perimetral e pasos canadenses para animais).
A RELACIÓN DE TITULARES cos bens e dereitos afectados e os PLANOS PARCELARIOS están expostos nos concellos de Xermade, Viviero Ourol e Muras + no Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas Lugo e entrando directamente NESTE ENLACE da Consellería.