Temos obradoiro de micorrizas (fungos-raíces) e microenxertos este XOVES 9 de MAIO ás 12:00 na Casa do Médico. Que son as Micorrizas? A unión entre o micelio dun fungo e as raíces dunha planta que ten moitos BENEFICIOS NOS CULTIVOS:
Aumenta a ramificación e o crecemento das raíces, a absorción de nutrintes e de auga.
Sube a resistencia fronte a fungos patóxenos e mellora a estrutura do chan.
E produce efectos hormonais sobre as raíces que benefician o crecemento.
Con XuvenLab + XuvenCiencia+ Juan Luis Fernández e Santiago Lamosa, profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra USC. Alí vos esperamos!!