Ferroplast na III Romaxe Artesá

Concello de Muras | Ferroplast na III Romaxe Artesá |

A empresa fundada por José Ferro Rodeiro hai máis de 50 anos no noso concello, terá unha especial presenza este ano na III Romaxe Artesá da Chaira, cunha carpa de 5×5. Alí poderase visitar mañá unha exposición que recollerá con imaxes a historia dunha firma tan vencellada a Muras e aos seus veciños. Hoxe produce tubaxes e accesorios industriais de alta calidade en PVC para un mercado nacional e internacional, pero todo comezou cando Ferro Rodeiro, ao adquirir Eléctrica Murense, decidiu aproveitar esta enerxía para facer os simpáticos bonecos de goma que acompañaban ao Flan Chino Mandarín que tantas xeracións que medraron nos 50 e 60, lembran.

 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais