??A ONU decidiu implantalo a finais de 2017 para lembrar e visualizar a importancia que ten este fermoso insecto no equilibrio ecolóxico, e para achegar ideas para a sua proteción. O 20 de maio foi a data elixida porque coincide co nacemento de Anton Janša que, no século XVIII, foi pioneiro nas técnicas modernas de apicultura no seu país, Eslovenia.
A abella é quen de visitar ao redor de 7 000 flores ao día e é unha infatigable provedora de mel, cobizado desde hai milenios como alimento e medicina e do que producimos de tanta calidade na nosa contorna. De aí que a Casa do Mel (Goente-AsPontes) organize para este 20 de maio á tarde do domingo entretidas actividades para tod@s: maiores e cativos.
Pódeste inscribir vía whatsapp no: 603 482 401 ?