Concello de Muras | O mellor teatro galego | O mellor teatro galego

O sábado 30 de abril chega canda nós o grupo de teatro “Os quinquilláns”  coa obra “O espantallo amigo”. Protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, esta adaptación do xenial Neira Vilas foi estreada en decembro 2015 e xa leva máis de 50 funcións por toda Galicia. Agora é quenda de Muras.

Galicia - Muras - teatro
Concello de Muras | Lista de admitid@s para a contratación dun traballador ou traballadora social | Lista de admitid@s para a contratación dun traballador ou traballadora social

Aquí vos deixamos a resolución 031/2016 xa coa lista de admitidos e admtidas pola convocatoria para a contratación en réxime laboral temporal a media xornada dunha traballadora ou traballador social: t social

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Lista de admitid@s e excluíd@s para a contratación dun traballador ou traballadora social | Lista de admitid@s e excluíd@s para a contratación dun traballador ou traballadora social

Aquí vos deixamos a resolución 029/2016 de admitidos e excluídos pola convocatoria para a contratación en réxime laboral temporal a media xornada dunha traballadora ou traballador social. https://muras.gal/wp-content/uploads/2016/04/T.-social.pdf

emprego - Galicia - Muras
Concello de Muras | Espectáculo de Cándido Pazó “Que comerá o rei?” | Espectáculo de Cándido Pazó “Que comerá o rei?”

A Área de Cultura da Deputación tráenos o vindeiro 24 de abril, dentro dos actos de celebración do Ano Castelao, un espectáculo baseado en historias e contos inspirados nos textos e debuxos deste marabilloso intelectual que deixou unha pegada única. A cita: as 19.00 horas no noso Local Social. Non deixes pasar esta oportunidade!

Galicia - Muras - teatro
Concello de Muras | ESTREAMOS WEB | ESTREAMOS WEB

Como xa estades comprobando, démoslle unha nova volta á imaxe de Muras na rede. Quixemos que fose sinxela para navegar nela, útil, que incluise toda a información que precisen veciñas, veciños e quen nos visite e, por suposto, bonita. Esperamos ter acertado.

Galicia - Muras - web
O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais