Comezan as actividades!

Concello de Muras | Comezan as actividades! |

A vindeira semana o Concello de Muras ofrece xa actividades de manualidades, entrenamento funcional-pilates, e pandeireta e baile galego. Esperamos que en xaneiro comece zumba e existe a posibilidade de poder impartir obradoiros de memoria e teatro se hai suficiente interese neles. Tamén podedes propoñer algunha actividade máis! Podedes irvos apuntando chamando ao 982 500 001.

Estes son HORARIOS confirmados, como vedes en días diferentes, para poder aproveitar ao máximo:


Manualidades: mércores de 19:30 a 21:30. Casa de Roucos. Entrenamento funcional/pilates: xoves de 19:30 a 20:30. Local Social. Pandeireta e baile tradicional: venres de 19:00 a 20:00 pandeireta e de 20:00 a 21:00 baile tradicional. No Local Social. 

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete