Selección persoal Obradoiro Emprego

Concello de Muras | Selección persoal Obradoiro Emprego |

Xa están publicadas as bases de selección para o persoal do Obradoiro Dual de Emprego Terras do Sor III. Lembramos que ao Concello de Muras lle corresponden 3 prazas na modalidade de Traballos de Carpintaría e Moble e 1 praza na modalidade de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio. As persoas interesadas nalgunha das prazas ofertadas poden inscribirse xa na Oficina de Emprego manifestando o seu interese na correspondente.

As PROBAS de selección terán lugar o xoves 7 de novembro no Centro Sociocultural do Concello de O Vicedo no horario establecido nas bases. Director 9.30 + Alumn@s de carpintaría 10.30 + Alumn@s de atención sociosanitaria:12.30. O venres día 8 serán as de probas para Administrador/a (9.30) + Monitor@s de Atención Sociosanitaria (10.30) + Carpintaría de Madeira (12.00).

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete