Cine e debate sobre mulleres sufraxistas e Clara Campoamor
Non volo perdades! O sábado 11 de febreiro ás 17:00 no Local Social e case coincidindo co aniversario do nacemento de Clara Campoamor (naceu o 12 de febreiro de 1888) proxectarase -coa colaboración do Observatorio da Mariña pola Igualdade– a estupenda película británicaSufraxistasnun videoforum no que despois falaremos tanto do film como da figura da política republicana.
A avogada e deputada no período das Cortes Constituíntes de 1931 formou parte do equipo que elaborou o proxecto da Constitución da nova República e loitou por establecer a non discriminación por razón de sexo, a igualdade xurídica dos fillos e fillas habidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal. Conseguiu todo, excepto o relativo ao voto, porque a esquerda, coa excepción dun grupo de socialistas e algúns republicanos, non querían que a muller votase porque se supoñía que estaba moi influída pola Igrexa e votaría a favor da dereita. Por iso, o Partido Radical Socialista enfrontou a Clara con outra recoñecida deputada, Vitoria Kentcontraria ao voto das mulleres. O debate final, celebrado o 1 de outubro, foi un acontecemento. E Clara gañou.