Búscase Xuiz/ Xuiza de Paz

Concello de Muras | Búscase Xuiz/ Xuiza de Paz |

Segue VACANTE o cargo de XUÍZ ou XUÍZA DE PAZ de #Muras, polo que o Tribunal Superior de #Xustiza anunciou a convocatoria pública para cubrir a praza. Lembramos que os xuíces de paz son xuíces legos, non profesionais. Están á cabeza dos xulgados de Paz en todos aqueles municipios onde non exista un xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

A idade de xubilación non é requisito esixible aos candidatos, que non están unidos por unha relación funcionarial nin de emprego coa Administración, senón que abonda con que o acredite suficientemente a inexistencia de impedimento físico ou psíquico para o cargo. É un traballo con REMUNERACIÓN.

Quen estea interesado/a pode presentar a SOLICITUDE en 15 días hábiles contados dende o 10 de FEBREIRO (publicación no BOP da @depulugo) acompañada de :

✔️Certificado de nacemento ou fotocopia do D.N.I.
✔️Certificación Rexistro Central de Penados e Rebeldes.
✔️Declaración complementaria relativa a non estar inculpado nin procesado.
✔️Xustificación de méritos + Profesión actual.

PRESENTACIÓN: enviando un mail a secretariagoberno.tsxg@xustiza.gal

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais