Este venres 8 de Marzo, Día da Muller, os actores Montse Piñón e Pepablo Patinho, da compañía Teatro Ghazafelhos, achegaranse ata o CEIP Antía Cal de Muras para tentar respostar á pregunta… que pasaría se Pandora non abrira a caixa? A cita coa rapazada será as 10:30, un repaso divertido pola vida de mulleres galegas e universais que decidiron abrir a súa propia caixa, como Hipatia, Marie Curie, Ángeles Albariño, Margarita Robles, Hedy Lamarr, Antonia Ferrin, Ángela Ruiz Robles, Rosalind Franklin…
Está é unha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ademais de Montse Piñón e Pepablo Patinho, Jorge Casas tamén forma parte dela. Consolidada, sorprende con cada nova produción porque mestura con acerto xéneros, contacontos, mímica, monicreques… e aborda canto tema cómpra. Adaptaron a Michael Ende e Antoine Saint Exupéry tentando contar historias simples e profundas como Charles Chaplin, grandes xenialidades que entenderon o máis efémero da vida, a infancia.
*Actividade financiada con cargo aos créditos do Ministerio de Igualdade.