A Xunta acaba de publicar as bases que rexerán o Bono Turístico #QuedamosenGalicia22: unha tarxeta prepagamento para usala en establecementos e para prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia22 (código de procedemento TU985D).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas maiores de idade que estean empadroadas nun municipio de Galicia.
2. Cada persoa unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia22.
3. Non poderán solicitala as persoas que xa resultaron beneficiarias na segunda edición do Bono (#QuedamosenGalicia21).
Características do Bono turístico #QuedamosenGalicia22
1. É unha tarxeta prepagamento persoal e intransferibl, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. As tarxetas contemplan tres modalidades: 500€, 375€ e 250€, de cuxo importe a Xunta financia o 40%. Poderán ser gozados de marzo a finais de xuño e do 15 de setembro ao 31 de decembro. O importe total será financiado polo beneficiario nun 60 %, cun importe máximo de 300 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 40 %, cun importe máximo por tarxeta de 200 euros.
2. A persoa poderá elixir entre tres importes da tarxeta prepagamento:
Importe total da tarxeta | Achega do solicitante | Achega da Administración |
500 € | 300 € | 200 € |
375 € | 225 € | 150 € |
250 € | 150 € | 100 € |
O PRAZO para a presentación de solicitudes desta convocatoria comeza ás 00.00 horas do 21 de marzo e remata o 2 de maio de 2022.