Xa se pode pedir a visita da Unidade Móbil de Sacrificio de #Gando, concretamente para ovellas, cabras e porcos.
Ten BASE en CHANTADA (Lugo), e para solicitalo cómpre CHAMAR ao 982 251 201, segundo as solicitudes organizaranse as rutas.
Este apoio ás explotacións gandeiras situadas a certa distancia dos matadoiros convencionais e xestionado pola consellería do Medio Rural, desprázase ata a entrada da explotación. Como pode haber ocasións nas que non lle sexa factible, neses casos a empresa pública contactará co concello para comunicar a localización elixida, solicitando a autorización para que o matadoiro poida estar o máis próximo posible. Sempre que non se interfira na vida cotiá da veciñanza.
Trátase dun vehículo de grandes dimensións con salas de sacrificio e de frío para a conservación da carne xunto a outros dous máis pequenos: un habilitado tamén como frigorífico para trasladar as pezas aos puntos de venda -se o gandeiro demándao-, e outro que utiliza o persoal para moverse. A carne que procese terá tamén unha marca propia, a modo de certificación de calidade que identificará os produtos resultantes como de proximidade e respectuosos coa normativa sobre benestar animal.