O vindeiro 3 de agosto e grazas ao traballo da Asociación Atila, Amigos dos Cabalos de Muras, tedes a posibilidade de facer esta ruta para gozar coa compaña destes fermosos animais. Con saída ás 10:00 da mañá do noso concello, tamén hai unha opción a pé para quen prefira.
Para repoñerse hai pinchos a medio camiño e despois, o Bar Rochela de Vilalba ofrecerá un menú con empanada, polbo, churrasco, postre café e chupitos. Tamén hai previstas xincanas, entrega de agasallos a actuación musical do Dúo Horizonte. Anotarse custa 21 euros por persoa. Tedes ata o 31 de xullo para apuntarvos!
Chamade ao 667 609990. Vémonos! 🙂