O pasado 12 de xullo a Deputación de Lugo presentaba este plan nos xardíns do pazo de San Marcos. Son máis de 70 iniciativas e alí estaban boa parte dos representantes dos concellos da provincia, Muras entre eles. É un plan moi transversal no que se lle deu voz tanto ao sector público como ao privado. PDF COA PRESENTACIÓN.
Entre algunhas das propostas destacamos:
Creación dun Consello de Turismo provincial e participativo, que dea voz aos axentes implicados nos 4 xeodestinos (Lugo-Terra Chá, A Mariña, Ribeira Sacra, e Ancares-Courel)
Posta en marcha dunha páxina web de turismo, na que se poderán atopar recursos patrimoniais, naturais e culturais da provincia, e a posta en marcha un Plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías.
Impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, coa creación duns premios provinciais e o deseño dunha ruta gastronómica.