Este ano temos: zumba, manualidades, pilates e obradoiro de memoria. De martes a venres. Veredes os horarios e localizacións no cartaz adxunto abaixo.
CHAMADE ao concello para apuntarvos no 982 500 063. Prazo: do 20 ao 27 de NOVEMBRO.
As actividades comezan o 28 de novembro ata a última semana de maio. Cos descansos habituais das vacacións escolares. (*A data de comezo de manualidades fica por concretar, informarémosvos).
Que as disfrutedes e aproveitedes!