4 postos de traballo en Muras vía “Depuemprego”

Concello de Muras | 4 postos de traballo en Muras vía “Depuemprego” |

👆📣 Dentro do Plan da Deputación de Lugo  “Depuemprego” saen a concurso estes postos como personal laboral-temporal no concello de Muras. As solicitudes ✍️ presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello, ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación do anuncio.

👷‍♀️Un/unha arquitecto/a. Titulación: Arquitecto superior ou título que habilite. A duración do contrato será de dez meses, en todo caso finalizará o 31 de outubro de 2018. Bases Arquitecto

 👨‍💻Un/unha educador/a social. Titulación: Diplomado universitario en educación social ou outros homologados polo Colexio de educadores sociais de Galicia. A duración do contrato será de oito meses, en todo caso finalizará o 31 de outubro de 2018. Bases Educador Social

⌨️Un/unha Auxiliar Administrativo/a. 
Titulación: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. A duración do contrato será de seis meses, en todo caso finalizará o 31 de outubro de 2018. Bases aux. administrativo 

🚙Un/unha operario-condutor/a.
  Titulación: Estudios primarios, certificado de escolaridade, Graduado Escolar ou titulación semellante ou superior.
 Ter o permiso de conducir Clase B. (As bases desta última convocatoria están aquí ).

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500012

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais
| facebook | vimeo
| youtube

Suscríbete