O venres 25 de Novembro de 2016 as 19:00 horas celebraremos no salón de plenos do Concello unha xuntanza sobre PROTECCIÓN CIVIL para informar a todos os veciños. Nela participarán: Miguel Varela Penabad e José Ramón Seara Aris da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ourol, Sandra Rivas Criado secretaria da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilalba, José Franco Criado, presidente da Federación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lugo, e José Prieto Barro e Luis Antonio Vilasuso Seco, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xermade. Non esperes, ven e infórmate!