☝ 🙂 O xoves 19 de maio de 2022, ás 11.30, reunión no Local Social do
Concello para dar a coñecer o proxecto “A FINCA: o #catastro fronte ao reto demográfico”.
👌 🔎 #Muras foi seleccionado polo Ministerio de Facenda para poñer en funcionamento este proxecto piloto, que servirá para que a veciñanza poida identificar as parcelas catastrais e inmobles do rexistro da propiedade, regularizando a situación.
🙌 👵 Animámosvos a vir!! Aquí vos deixamos un PDF explicativo máis o BANDO MUNICIPAL.