Serán este sábado e domingo dende as 9 de mañá ata as 5 da tarde. Seminario, roteiros, obradoiros de reconstrución co método de pedra seca….
As xornadas darán comezo o sábado 13 ás 10.30 no Local Social cun seminario de Mercedes Máquez, do Grupo de investigación da escola galega da paisaxe da Fundación Juana de Vega; Ricardo Polín Doutor e investigador dos camiños, Xoán Ramón Vidal Romaní do Instituto universitario de xeoloxía da UDC, e Ramsés Pérez de ADEGA. Despois do seminario teórico farase unha ruta interpretativa pola zona, e unha caracterización dos muros que atopemos.
O domingo 14 de novembro de 10.30 a 15.00 haberá un obradoiro de reconstrución dun muro coa técnica de xunta seca, para o que contaremos co artesán José Luis Canteiro que ensinará a preparar e colocar a pedra. E ao rematar os dous días as actividades desfrutaremos dun xantar. Haberá servizo de autobuses gratuíto dende Lugo, que sairá ás 9h dende a antiga escola de Maxisterio (Avda. Ramón Ferreiro, Lugo), e retornará ás 18h dende Muras. O Concello colabora cedendo o espazo para que se poda impartir.
Inscribídevos en adega.gal ou a través do Código QR que vedes no cartaz. O prazo para inscribirse remata o xoves 11 de novembro e hai prazas para 20 persoas. Aproveitade, será unha experiencia única.