O guía turístico lucense Guido Álvarez ten un interesante programa de rutas, #RedescubrindoLugo, que na súa terceira xornada escolleu ao noso concello como protagonista, #RedescubrindoMuras!
O 20 de setembro de 10 a 18, Guido Guía e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza convídavos a formar parte dela para pasear e conversar sobre a historia e a natureza destas terras. Ademais é unha xornada gratuíta, subvencionada polo Concello de Muras, agás o transporte e a comida. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos despois nas redes sociais para dala a coñecer.
Para inscribirvos, dúbidas e informarvos: escribide ao correo guidoguiaturismo@gmail.com ou chamando ao teléfono do concello de Muras, 982 500 001 🙂