✔ O Concello de Muras colabora coa Universidade da Coruña e a Deputación de Lugo nesta xornada onde se falará das oportunidades que ofrece o mel, o poldro e o turismo de natureza na nosa contorna. Participarán representantes da Casa do Mel de Goente e da Asociación Galega de Apicultura.
✔Será todo o día do sábado 7 de xullo na Escola Unitaria do Viveiró, e forma parte do proxecto LIFE IN COMMOND LAND financiado con fondos europeos. A cita inclúe excursión e xantar.
✔Inscricións: no 982 500 001 ou en lifexistral@udc.es.