Lembramos que as estatísticas da Xunta apuntan a que un 47 % dos accidentes no campo débense ao envorco case sempre de tractores, unha vintena de mortos en 2018 e medio centenar no último trienio fan saltar todas as alarmas. O minifundismo e a dispersión explican en boa parte o problema. Tamén hai un volume relevante de accidentes por saídas de vía (15 %) e un 10 % por atrapamento, principalmente nas manobras de enganche de apeiros agrícolas e maquinaria.
Por iso, no Local do Sindicato Labrego Galego de Vilalba e coa colaboración da Consellería de Economía, organízase este martes 8 de outubro á tarde unha cita para falar das obrigas ao respecto dos e das titulares de granxas, ademais da coordinacións de actividades empresariais. Se queredes máis información sobre a charla chamade aos teléfonos adxuntos no cartaz.