O vindeiro 1 de agosto, sábado, nunha carpa que instalarasa na Área Recreativa de A Veiga, organizamos a xornada “Pasado, Presente e Futuro da Enerxía Eólica”. Darase información a respecto de posibles e futuros novos parques tamén na nosa contorna, o que coidamos do máximo interese e repercusión.
Dende as 17:00 da tarde estarán canda nós para abordar tan importante tema para os veciños e veciñas de Muras tres expertos do Observatorio Eólico de Galicia, pertencente á Universidade de Vigo. Contamos con vós.