Este xoves 11 de xuño ás 17.00 da tarde na Casa do Médico, e dentro da estratexia Marca Muras, o concello organiza xunto á Deputación de Lugo, Innogando e Xuven Lab esta interesante xornada á que vos convidamos.
Como vedes no programa adxunto falarase das axudas ao pastoreo extensivo -hainas para gando cabalar, ovino, caprino e porcino, para peches, pastores eléctricos, colares intelixentes, pasos canadenses, refuxios e comedeiros ata 12.000 euros- valados virtuais -con tecnoloxía dixital e xeolocalización, que permiten protexer ou dirixir aos animais sen cercados físicos- e despois haberá tempo para un pincho e conversar entre todos. Entre os convidados están Daniel García, Deputado da área Rural da Deputación de Lugo e o enxeñeiro agrónomo Carlos Rodríguez. O alcalde, Manuel Requijo, tamén participará.
Esperámosvos.
