Xornada informativa para a veciñanza sobre administración dixital

Concello de Muras | Xornada informativa para a veciñanza sobre administración dixital |

Chega este luns a Muras o programa piloto posto para achegar a Administración Xeral do Estado (AGE) e facilitar a veciñas e veciños do rural o acceso aos servizos públicos sen necesidade de desprazarse.

Na sesión informarase sobre os servizos que prestan as delegacións e subdelegacións do Goberno e sobre cómo tramitar os procedementos solicitados ou solicitar datos para a tramitación posterior. Ademais da posibilidade de facilitar o certificado dixital para acceder aos trámites electrónicos das administracións públicas.

AQUÍ TEDES UN DÍPTICO COA INFORMACIÓN

En relación coa identificación e firma electrónica, ademais, axudarase a xestionar certificados electrónicos da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) e credenciais de Cl@ve Permanente. Recomendamos asistir se queredes preguntar sobre pensións, prestacións de Seguridade Social, xestións coa Dirección Xeral de Tráfico, IMSERSO, Catastro, servizos en materia de Estranxeiría, Xustiza ou homologación e convalidación de estudos, xestións sobre a xubilación, coñecer a vida laboral, os puntos do carné de conducir ou como acceder ao bono cultural dos mozos e mozas.

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais