O concello de Muras, terra natal dos pais desta importante renovadora da pedagoxía galega, organiza para o vindeiro venres 31 de marzo unha xornada moi especial que achegará a moitos convidados e convidadas. Haberá varios actos:
O nomeamento da Biblioteca “A palabra xusta”. Era un xogo que Antía gustaba de facer cos seus alumnos ao finalizar o día. Cada neno tiña que escribir nun papel e cunha soa palabra o que aprendera nesa xornada. As respostas amosábanse na parede e, entre todos escollían a mellor.
O descubrimento dunha placa na súa casa familiar como agradecemento do pobo e o do Concello de Muras.
A recuperación da placa da “Casa do Médico”, que fora cedida pola asociación de emigrantes de Muras na Habana e retirada durante a reforma á que foi sometido o edificio.
Primeiro Encontro de Muras sobre Antía Cal
Este será o acto principal da xornada para salientar a importancia desta gran pedagoga, defensora da lingua e do patrimonio. Contamos coa colaboración de institucións, especialistas no seu legado, e representantes da contorna que profundarán no seu xeito de exercer a pedagoxía:
10:00 h. Concello de Muras – Alcalde – presidente da corporación: Manuel Requeijo.
10:20 h. Universidade Santiago de Compostela – Aurora Marco.
11.00 h. Produtora e Executiva do documental A Palabra Xusta – Carme Varela.
11.20 h. Dona Elena López Seco en representación da Familia do Burgo.
11.50 h. Actuación musical de Black.
12:15 h. Ex-alumno de Antía Cal no colexio Rosalía de Castro: José Pintado.
12.45 h. Investigador e voz do documental “Rescatada” sobre Antón Beiras: Xurxo Martínez.
13:20 h. Descubrimento das placas da Casa do Médico e da biblioteca “A palabra xusta” ubicada no Concello.
13.40 Descubrimento da placa na casa familiar e visita guiada aos escenarios da película “A palabra xusta”. Uns petiscos farán de peche.