Aberta para todo o público será este xoves 17 no Local Social. Virá para explicala a enxeñeira técnica agrícola Verónica Amarelo, de Gabinete Técnico Agropecuario.
Ao remate haberá pinchos e bebidas no Bar Santi.
Calcúlase que uns 25.000 agricultores e gandeiros beneficiaranse destas achegas este ano recibindo un importe superior aos 210 millóns de euros (170 millóns de axudas directas e 40 millóns de achegas ao desenvolvemento rural). As axudas da PAC – xestionadas polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)- están ao dispor das Oficinas Agrarias Comarcais e das máis de 50 entidades colaboradoras que se encargan de tramitar as solicitudes.