Mañá ás 12:00 no Local Social do noso concello organízase esta xornada formativa da man da Agrupación de Defensa Sanitaria de Xermade, Muras, Ourol, Viveiro e Xove. Como sabedes a finalidade destas agrupacións é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas cuns programas sanitarios comúns para a prevención e o control de enfermidades dos animais.
Canda nós estarán expertos da Facultade de Veterinaria de Lugo.