Normas subsidiarias

O 27 de agosto de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia o decreto 83/2018, 26 de xullo que aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia (PBA). É un instrumento de plan urbanístico que delimita as afeccións derivadas da lexislación sectorial en materia de augas, costas, estradas, paisaxe e patrimonio cultural. Tamén identifica os asentamentos de poboación establecendo a regulamentación dos diferentes usos do chan e da edificación. Nos municipios sen Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pero con normas subsidiarias, como no caso do Concello de Muras, as determinacións do PBA son aplicables con carácter vinculante. Este é o link coas Normas Subsidiarias do Concello de Muras

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais