Son achegas económicas directas para axudar a financiar a recría e preservación de razas galegas en risco de erosión xenética, que é a perda progresiva da diversidade e variabilidade de xenes. Contía das axudas? Varían segundo a especie do animal criado na explotación, 400 € por xata para as razas bovinas (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) e 70 € por cría para as razas de Ovella Galega e Cabra Galega. O límite máximo subvencionable é de 8.000 € por gandería.
Requisitos principais. ser titular dunha explotación gandeira na provincia de Lugo, e ter femias das razas citadas nacidas na propia explotación en 2025. Os animais deben estar correctamente inscritos no Libro Xenealóxico da raza correspondente.
Os formularios oficiais de inscrición pódense descargar directamente na sección de Medio Rural e Mar da Web da Deputación de Lugo.
