Xa se pode pedir praza para as viaxes do IMSERSO

Concello de Muras | Xa se pode pedir praza para as viaxes do IMSERSO |

Adxuntamos ao final deste texto dous PDF con toda a información sobre o PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO???. Coma sempre, distintas opcións  para gozar das vacacións entre outubro de 2017 e xuño de 2018:

  • Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e  Murcia.
  • Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
  • Turismo de Interior, con estas actividades: Circuitos Culturais??, Turismo de Natureza?, Viaxes a Capitais de Provincia? e Viaxes ás cidades de Ceuta e Melilla.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados. Contémplase o aloxamento en habitación individual con suplemento.
  • Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación.
  • Póliza colectiva de seguros.

Prazo de presentación: ata o 7 de xuño de 2017.

Concluída esta primeira fase, o prazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.

IMSERSOfolleto e Turismo Social Imserso

O concello
Praza da Galeguidade, 4
27836 Muras
Telf: 982.500001

Saúdo do alcalde
Teléfonos de interese
Textos legais